2/12/11

O MAGOSTO

Este ano celebramos o magosto no cole o 11 de novembro. Fixemos uns sombreiros con forma de castaña moi bonitos con Mari, a nosa profe de Plástica. Na foto podedes velos!! Pola tarde, aínda que chovía un pouco, saímos ao patio a comer moitas castañas.

ANIVERSARIOS

Nos meses de setembro, outubro e novembro, celebraron o seu aniversario varios nenos/as da clase: XOEL cumpriu o 29 de setembro, CRISTINA o 6 de outubro, NURIA DÍAZ o 14 de outubro e NURIA VEIGA o 17 de novembro. Xa teñen 8 anos!!



"UN NOVO CURSO"

Este ano cambiamos de curso para 3º e temos unha nova profe que se chama Laura. Na foto que fixemos hoxe coa mestra non está Antía porque non veu ao cole e non sabemos por que. Cando volva sacaremos outra foto todos xuntos!

4/11/11

HALLOWEEN

O venres 28 de outubro celebramos o Halloween no colexio. Trouxemos cabazas e adornámolas.Ademais fixemos unha pequena festa na aula e disfrazámonos. A nosa profe deunos unhas lambetadas.A que estamos moi guapos na foto?

25/5/11

As vacacións

Xa faltan poucos días para que remate o curso. Nas vacacións poderemos estar 81 días sin cole, pero termos que traballar moito para pasar a 3º curso.

CLARA

O venres imos de excursión a Xanceda

Este venres 27 imos de excursión. Iremos á Casa Grande de Xanceda e máis a Aula da Natureza.
A Casa Grande de Xanceda está situada na provincia da Coruña.Sairemos ás 9:30 horas e teremos a chegada ao colexio arredor das 18:30 horas.
Iremos en dous autobuses porque van tamén os de 1º, 3º e 4º.
Seguro que o pasaremos moi ben. Será fantástico!

24/5/11

Lois Pereiro (segundo 2º )

...e o outro mural que fixemos tamén en Plástica aínda está exposto á entrada da nosa aula.
Empregamos todas as cores e así quedou.

Os nosos traballos arredor das Letras Galegas

Fixemos dous murais sobre o escritor Lois Pereiro.
O primeiro estaba feito coas Letras que pintamos na hora de Plástica e estivo exposto no Mural da Biblioteca, na entrada do colexio.
Gústavos?

Cumpreanos

Como tivemos o noso caderno un chisco parado non vos dimos conta dos últimos cumpres que celebramos.
Agora vos contamos.
Estiveron de cumpre Paula, Sergio e Patricia.
Paula trouxo agasallos para todos e todas e Sergio e Patricia unhas tortas ben ricas.

14/4/11

As magdalenas de Xosé

As magdalenas que trouxo Xosé fíxoas Marta, a súa nai.Cada magdalena levaba un conguito de distinta cor. O profe fixo unha foto.
Parece un cadro!

11/4/11

O cumpre de Xosé


O día 11 de abril celebramos o cumpreanos de Xosé.Trouxo moitas magdalenas con conguitos que estaban riquísimas.

16/3/11

O terremoto en Xapón

En Xapón houbo un terremoto e despois formouse unha onda no mar que se chama maremoto. ( Tsunami, en inglés ).

Antía cumpre oito anos

O día 10 de marzo Antía cumpreu 8 anos. Celebrou a festa o domingo pasado.Agasallárona con un MP4, con cascos para escoitar a música.

10/3/11

Exipto en Viveiro

Paseamos polas vellas rúas de Viveiro disfrazados de antigos exipcios.

O noso Entroido

O venres día 4 de marzo fomos correr o Entroido polo casco vello de Viveiro.

3/2/11

Mateo cumpre 8 anos

Mateo cumpre 8 anos. Agasallounos con un bonito marca páxinas.

Alejandra e Mateo escriben sobre dous pastores

A miña cadela

A miña cadela chámase Lula. É de cor negra e marrón. É de raza “ pastor alemán”. Vive con nós desde que era moi pequena.

ALEJANDRA

O can dos meus avós

O can dos meus avós chámase Tor. É da raza dos pastores
( “alemáns”). É grande e garda a casa. Ten os ollos marróns e é moi xoguetón.

MATEO

A gata da miña avoa

Miña avoa ten unha gata que se chama Feliña. Ten o corpo de cor branco e as patas de cor negro. Os seus ollos son azuis. Gústalle comer “Frisquis”.

XOSÉ

O can da miña avoa

É pequeno. Ten manchas de cor marrón. Come salchichas e penso. E sobe pola xente!

NURIA V.

1/2/11

O meu dálmata

O meu can chámase Manchas. Ten manchas negras e o pelo branco. Os seus ollos son marróns. Come carne e chupa os ósos. É mediano e sempre quere xogar.
XOEL

O hanster de Nuria D

Nuria ten unha hanster que se chama Princesa. É moi xoguetona. É pequena e moi tranquila. Tamén é medosa e moi guapa.

A coella de Bruno


Eu teño unha coella que se chama Branquita.É branca e ten as orellas medianas. Come cenouras e verzas. Doulle auga para beber.

26/1/11

Forzas e máquinas

Estos días estamos traballando coas forzas e máquinas.Vimos como era o ordenador.Hai ordenadores de manivela.Tamén estudamos os imáns.Consultamos a historia dos inventos.O primeiro ordenador que se fixo era enorme. Non entraría na nosa aula.

13/1/11

Os nenos e as nenas escriben cartas.

Querida prima Mariña:
Os Reis Magos e Papá Noel trouxéronme: una cociniña, un disfraz con antifaz, dous libros, pulseiras, unha boneca e un carriño.
O xoves fun a Vilalba, á casa de meus tíos e da miña prima.
O venres fun á Coruña cos meus tíos, a miña prima e unha amiga.
E onte viñéronme a buscar á casa da miña tía.
Recordos.
SARA BAZ