22/4/10

Os traballos dos nosos pais


O meu pai traballa en Foto Carlos coas fotos e fai vodas, comunións , bautizos e vende cadros .

CLARA


( O DEBUXO FÍXOO XOSÉ NO ORDENADOR. É A SÚA NAI TRABALLANDO NO COLE. É PROFESORA.)

19/4/10

De maior quero ser...


...bombeiro ( Gabriel ),
xastre ( Adrián ),
costureira ( Sara Baz ),
profesora ( Nuria Diaz ),
policía ( Antía ),
piloto de helicóptero ( Edgar ),
arquitecta ( Sara González ),
modista ( Cristina ),
bailarina ( Alejandra ),
cantante ( Clara ),
carpinteiro ( Bruno ),
científico ( Xosé ),
policía ( Patricia ),
piloto de avión ( Sergio ),
xoieiro ( Mateo ),
policía ( Xoel ) e
bailarina ( Nuria Veiga ).

16/4/10

Pintando no patio




Pintamos a paisaxe




Saímos ao patio para ver a paisaxe.


Vimos unha paisaxe de chaira e outra de montaña.


Na chaira había un río que tiña árbores nas beiras. Tamén vimos a igrexa e os campos verdes e amarelos.


Na montaña había muiños para producir electricidade.


Uns pintamos a chaira e outros a montaña.




Xoel, Xosé e Edgar.

8/4/10

Debuxamos a Margarita











Hoxe debuxamos a Margarita.

A nova profesora

Margarita, a nova profesora, axuda aos compañeiros da clase.
Cando non sabemos, Margarita dícenos ás veces cousas, pero non todas.
Ten os ollos castaños e é moi guapa.
Tamén, en 2º, hai outro profesor novo. Chámase Borja.
Margarita e Borja son amigos.

7/4/10

AS FERVENZAS


Hoxe falamos pola tarde das fervenzas. Vimos a fervenza que tiña 976 metros. Chámase Santo Ángel e está en Venezuela. Pero o profesor ensinounos unhas fotos do Pozo da Ferida que é moi bonito e está perto do noso Colexio.
Un día iremos a ver esta fervenza.

Nuria Veiga