16/6/10

Futbolistas

Os nosos compañeiros Mateo, Xosé e Xoel e a nosa compañeira Antía pertencen ao equipo de fútbol Praia de Covas. Este equipo foi o gañador en Foz dun torneo de fútbol.
Parabéns!

11/6/10

Hoxe rematamos co libro de Coñecemento do Medio


Hoxe rematamos as nosas actividades do libro de Coñecemento do Medio.
Tiña 143 páxinas e completámolas todas!

4/6/10

Plantamos flores






















O outro día participamos na plantación de flores no patio do cole. Estaban tamén os nenos e nenas de segundo curso coa súa profe Ana. Ela é a encargada do horto escolar e do xardín do cole.
Tamén estos días estamos observando o como medran as fabas que plantamos na aula. Fixémolo nun vaso de iogur. Metimos 3 fabas envoltas en algodón e botámoslle unhas gotiñas de auga...E como medran!