3/12/10

Asi vimos hoxe os montes desde a nosa aula

Así vimos hoxe o monte desde a nosa aula.
Edgar trouxo auga xeada e o mestre aproveitou para repasar o tema co que traballamos hai uns días.
Despois botamos ese xeo ( sólido ) nun vaso e puxémolo onda o radiador. En poucos minutos o xeo convertiuse en líquido.

Onte nevou

Onte nevou moito e tamen xeou. Hoxe estaba todo nevado e xeado.Nas pozas do colexio había xeo e tamén ía moito frio. Agora imos sair ao recreo e querenos que haxa neve!

Xosé, Clara e Xoel

Nuria Veiga cumpre 7 anos

O outro día foi o meu cumpre. Cumprín 7 anos.  Celebrámolo na aula. Agasallei aos meus compañeiros e compañeiras cuns extoxos. A eles gustoulles moito o que lles trouxen e algúns úsano na aula para gardar cousas.