22/3/10

A nova profesora

Hoxe veu unha nova profesora.Chámase Margarita. É moi boa.
Xa vos contarei máis cousas dela.

Nuria D.

8/3/10

As plantas

-
Hoxe
traba-
llamos
coas plantas.

As plantas son seres vivos: nacen, aliméntanse, reprodúcense e morren.


A Xosé, A Sergio, a Antía, a Patricia, a Adrián , a Gabriel, a Xoel e a Edgar, gústalles as plantas carnívoras.

A Cristina, a Mateo, a Clara, a Sara Baz, a Bruno, a Alejandra, a Nuria Veiga e a Paula, gústalles o tulipán.

A Nuria Diaz a que máis lle gusta é a rosa.


1/3/10

Hoxe traballamos cos animais do mar


No mar viven peixes e outros animais que se alimentan e respiran na auga.

A Cristina, a Patricia e a Sara Baz, o que máis lles gusta é o golfiño.

A Sergio, a balea.

A Xosé, a Gabriel e a Antía, a quenlla.

A Alejandra, a Paula, a Nuria Veiga, a Adrián e a Clara, a estrela de mar.

A Mateo, o león mariño.

A Nuria Diaz, o cabaliño de mar.

A Xoel e a Sara González o peixe espada.

A Bruno a medusa.

E a Edgar gústalle o salmón.