25/5/10

Fotos da nosa excursión


Os nenos e nenas que fixeron fotografías da excursión, poden envialas para que as publiquemos no noso caderno.
Esta foto, a do burro, fíxoa Xosé coa súa cámara.
Animádesvos?

24/5/10

A Casa do Queixo
















O venres día 21 de maio fixemos unha excursión a Sobrado dos Monxes. Viaxamos en autobús. Visitamos unha granxa que se chama a Casa do Queixo.
Vimos moitos animais: unha avestruz, un poni, porcos, cabras, ovellas, vacas, galiñas, cabalos...
Fixemos queixo, traballamos coa la das ovellas, xogamos...
Pasámolo moi ben!

13/5/10

Uxío Novoneyra


"Canta o cuco cala e canta
dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e non di nada
e volta o cuco a cantar"

Hoxe traballamos con poemas de Uxío Novoneyra.

Marga escribiunos!


Gustounos moito que Marga nos escribira comentarios.
Agardamos que lea o noso Caderno de 1º moitas veces.
Grazas, Marga!
Bicos de todas e de todos.

12/5/10

O libro electrónico


Hoxe estivemos lendo nun libro electrónico.

O conto trataba de tres porquiños que escapaban dun lobo feroz...

Xa sabedes como remata o conto. O lobo queimou o cu.


GABRIEL e ALEJANDRA

Adrián escribe


No recreo xogo con Bruno.
No verán vou ir á praia.
De maior quero ser futbolista.

ADRIÁN

Cristina escribe


Os luns teño clase de Informática e sempre escribo moito. Ao final xogo en Internet media hora. Despois venme buscar mamá.

CRISTINA

Relato fantástico de Edgar


No 1984 un barco loitou contra outro que chegou de África. Este barco chamábase Monster. Gañou o barco chamado Raio, pero non gañou de todo porque os piratas estaban vivos. Un dos piratas foi ferido e coa marea chegou á praia.

EDGAR

O meu cumpre


Hoxe cumpro 7 anos.
Despertei na miña cama. Había uns globos no pasamáns da escaleira!
Despois almorcei na cociña.
Adrián, meu irmán, tiña dous agasallos para min.
Miña nai deume pasteis para traer hoxe ao cole.

PATRICIA

Meu irmán nun torneo de Bádminton


Hai uns días fun ver a meu irmán Antón a un campionato de Bádminton en Baiona. Perdeu tres partidos e unha nena chamada Alexandra quedou terceira e foi a única que conseguiu medalla.

Xosé

Sara Baz escribe


O meu animal preferido é o can.
Hoxe despois do cole vou ir a Inglés.
O sábado fun a unha voda.

Sara Baz.

Na Biblioteca Dixital


Onte estivemos na Biblioteca do noso cole. A Biblioteca ten tres cores. A nosa zona é a vermella. En cada zona hai 3 ordenadores, 2 libros electrónicos e 2 bolígrafos dixitais.
Mateo e Nuria Veiga fixeron un debuxo no ordenador. Ilustraron o conto "LAURA E OS RATOS".
Antía e Xoel escribiron no blog.
Pasámolo moi ben.

MATEO, XOEL, ANTÍA e NURIA VEIGA

10/5/10

O mércores día 12...


...ás catro e media da tarde faremos no Colexio a presentación do proxecto
" UNHA NOVA FORMA DE ENTENDER A BIBLIOTECA ESCOLAR"
Trátase dunha Biblioteca dixital que ten moitos ordenadores , libros electrónicos e bolígrafos cos que podemos escribir e debuxar no ordenador.

7/5/10

A DESPEDIDA DA PROFE MARGARITA


Hoxe despedimos a Margarita porque vai para a Universidade. Para a despedida, Margarita trouxo bombóns. Margarita axudounos moito. Pero que moito. Tamén ensinounos cousas novas. E foi moi boa.


CLARA, NURIA D., EDGAR, ANTÍA, XOSÉ e ALEJANDRA

Hoxe cumpro 7 anos


Hoxe cumpro 7 anos. Trouxen un bizcoito de nata con sugus.

Quero convidar aos meus compañeiros e compañeiras.


SERGIO

Celebracións

Hoxe temos un cumpreanos e a despedida da profe Margarita que vai para a Universidade.
O cumpre é de Sergio. Cumpre 7 anos.
Margarita foi unha boa profesora que nos axudou moito.

Nuria Diaz e Alejandra

6/5/10

Reutilizamos e reciclamos


Onte na clase traballamos aprendendo a reciclar. Hoxe, algúns nenos e nenas trouxeron bonecos feitos con cartón, papel de xornal, botóns, palliñas, la...

Na Unidade 13 de Coñecemento do Medio, na que estamos a traballar, explica que " moitos materiais que utilizamos poden reciclarse para fabricar materiais novos"


Xoel, Xosé, Sergio e Mateo.