O Cataventos
O caderno dos nenos e nenas de 4º Curso 2012-2013
2/12/11
O MAGOSTO
Este ano celebramos o magosto no cole o 11 de novembro. Fixemos uns sombreiros con forma de castaña moi bonitos con Mari, a nosa profe de Plástica. Na foto podedes velos!! Pola tarde, aínda que chovía un pouco, saímos ao patio a comer moitas castañas.
ANIVERSARIOS
Nos meses de setembro, outubro e novembro, celebraron o seu aniversario varios nenos/as da clase: XOEL cumpriu o 29 de setembro, CRISTINA o 6 de outubro, NURIA DÍAZ o 14 de outubro e NURIA VEIGA o 17 de novembro. Xa teñen 8 anos!!
"UN NOVO CURSO"
Este ano cambiamos de curso para 3º e temos unha nova profe que se chama Laura. Na foto que fixemos hoxe coa mestra non está Antía porque non veu ao cole e non sabemos por que. Cando volva sacaremos outra foto todos xuntos!
4/11/11
HALLOWEEN
O venres 28 de outubro celebramos o Halloween no colexio. Trouxemos cabazas e adornámolas.Ademais fixemos unha pequena festa na aula e disfrazámonos. A nosa profe deunos unhas lambetadas.A que estamos moi guapos na foto?
2/6/11
25/5/11
As vacacións
Xa faltan poucos días para que remate o curso. Nas vacacións poderemos estar 81 días sin cole, pero termos que traballar moito para pasar a 3º curso.
CLARA
CLARA
O venres imos de excursión a Xanceda
Este venres 27 imos de excursión. Iremos á Casa Grande de Xanceda e máis a Aula da Natureza.
A Casa Grande de Xanceda está situada na provincia da Coruña.Sairemos ás 9:30 horas e teremos a chegada ao colexio arredor das 18:30 horas.
Iremos en dous autobuses porque van tamén os de 1º, 3º e 4º.
Seguro que o pasaremos moi ben. Será fantástico!
A Casa Grande de Xanceda está situada na provincia da Coruña.Sairemos ás 9:30 horas e teremos a chegada ao colexio arredor das 18:30 horas.
Iremos en dous autobuses porque van tamén os de 1º, 3º e 4º.
Seguro que o pasaremos moi ben. Será fantástico!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)